Saltear al contenido principal

» Mil primaveras máis» para a festa das letras galegas

“Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nos duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”. Álvaro Cunqueiro

collage bolboretas
200 palabras para a choiva, 200 bolboretas cada unha

Mil primaveras máis, decenas de bolboretas….unha choiva de bolboretas.
Un día como outro calquera , un día de letras, de música e festa. Afastada de calquera ritual mortuorio, celebramos xuntos a oportunidade de mimar e reivindicar a lingua propia, viva e madura, recitando, cantando, rindo, chorando; en definitiva vivindo en galego e denunciando os constantes ataques que leva soportando este tesouro noso. Fíxose todo iso cun espectáculo de luxo pois o alumnado e profesorado do CIFP Carlos Oroza e EPA Río Lérez gozamos da presenza dunha escritora, dunha conta contos e de músicos; todas/os a unha. Porque a lingua une, inspira e anima; a lingua é o que somos.

Soledad Felloza, Teresa Moure, Os Carunchos, Tareixa Casal
Programa da festa

“ AS ZOCAS MUTANTES” , con Maica Couto e Jorge Verdeal, locutores do programa de radio independente presentando o seu programa “ A Tarabela”,  noticias agridoces e demais sabores. Un programa de galegos e galegas para o mundo e os/as alí presentes. Noticias do mar, patrimonio, un método para renegar das orixes, lingua e reivindicación. Amamos o galego; queremos galego.

ZOCAS MUTANTES
As zocas mutantes
maica e jorge
Maica Couto e Jorge Verdeal, locutores por un día

Soledad Felloza emocionounos co seus contos, Teresa Moure fascinounos cos seus poemas eróticos e políticos e a súa voz embriagadora, Os Carunchos puxeron en pé o auditorio. Tareixa Casal axudounos a cantar  “ Tempestades de Sal” de Sés. Calor humano, entusiasmo: lingua viva. Unha ledicia!

_ARL3156
Soledad Felloza, monologuista
_ARL3266
Teresa Moure, monologuista

 

Mais a festa, que xa comezara días antes cunha exposición de obras e escritoras/es de onte e de hoxe, un libriño de Carrabouxo sobre lingua, e unhas historias de lingua na pantalla dos corredores, non acabou alí. Agardábamos un menú literario. Non é casual que a nosa aula-restaurante se chamara Álvaro Cunqueiro. Inspirado no libro “Cociñando ao pé da letra” de Yolanda Castaño e Andrea Costas. Ed. Galaxia. A mestría do Chef Francisco Moreno, a maridaxe de viños e o bo facer da Maître Tina Vázquez, sen esquecer o Mestre pasteleiro Jacobo Otero, gozamos dun excelente xantar e compañía.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Exposición nos corredores convidando a voar nos libros
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Edición de viñetas de Carrabouxos

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Gratinado de mariscos
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Taco de tenreira galega
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Viño co que maridou o solombo de bonito

A minuta, elaborada e maquetada por Rosa Marcos, anunciaba o menú, irresistible:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Minuta Mil primaveras máis
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O xantar foi realizado polo alumnado de FP Dual e ciclo medio de Industrias Alimentarias
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Detalle da minuta na aula restaurante Álvaro Cunqueiro
  • Croques en pan de broa.
    “As mans da avoa eran aspas poderosas que o mesturaban todo. Logo xuntou a masa, esparexeulle fariña centea por riba e cubriuna coma quen arroupa un bebé.
    “ Deus te aumente e o demo que rebente” ( Fina Casalderrey)

  • Ovos fritidos, pataca e chourizo
    “As pitas andan ceibas, escarvan a terra á procura de insectos. Alegrámonos moito cando os focos dos coches que traen xente amiga furando a noite, e convidámolos á mesa e abrimos viño novo.”     ( Xabier Cordal).


  • Gratinado de mariscos.
    “Para mamá, cociñar era a madalena de Proust. Por iso me gustaba facerlle de pinche, aínda que era moi esixente. Sempre acabamos rifando. “ (Marica Campo).

  • Lombo de bonito.
    “ O bonito asubía no forno. Pide descanso. A mesa está posta fóra, no resío, ao pé da laranxeira. Na vaixela finisecular, de orla verde, peixe e verdura ólense con receo, estráñanse.” ( Xavier Rodríguez Baixeras).


  • Taco de tenreira galega
    “ Así se deseña o arco iris. Só hai que cocer patacas e verduras. En tantas potas como colores se queiran. Miña nai facíao a diario con remolacha(…). Montañas de cores mate de fideos de puré de verduras recendían sólidas na fonte. Logo nos pratos a mestura. A pintura.” ( Carmen Blanco).


  • Sobremesa de  Fideos con leite e canela.
    – Xa ves, os teus sobriños non lle dan moito mérito. Normal, agora coas lambetadas que hai… Un día ninguén fará isto e perderáselle a memoria. Como pasará agora coa…. Como era?
    – A posguerra?
    – Ou a tía Rosalía.
    ( Cándido Pazó).



    OLYMPUS DIGITAL CAMERA
    Viño de xeo que sorprendou a todos os comensais
    OLYMPUS DIGITAL CAMERA
    Sobremesa elaborada polo alumnado de CM Pastalaría, panadaría e repostaría
  • Preparando a festa da nosa cultura
    OLYMPUS DIGITAL CAMERA
    Brinde polo patrimonio oral, o que so pode ser coidado falando, brindando con él, e sentindo agarimo e aprecio polo seu valor

     

     

    OLYMPUS DIGITAL CAMERA

    OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O programa de actividades como non podía ser doutro xeito presentouse nun noticiario confeccionado por MªJosé Lores e Roi Álvarez,  un traballo impresionante aínda que ninguén oíra falar de Inskape e Ilustrator tan so un par de meses atrás.
Grazas de verdade, grazas a un magnífico equipo que fixo posible esta festa das letras .

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Noticiario co programa da festa das letras

Álbum da festa das letras galegas
E por primeira vez, escapando de falsas modestias, vounos nomear a todas e todos elas … porque o equipo, merece recoñecemento e agradecemento:
Coordinación: Consuelo Vercher
TIC: Tareixa Casal e Elías
Deseño: Rosa Marcos, Mª José Lores, Roi Álvarez, Tareixa Casal
Locutores : Maica Couto e Jorge Verdeal
Redacción: ENDL
Xantar literario:
Chef: Francisco Moreno, titor do CS FP Dual Dirección Cociña
Maître: Tina Vázquez, titora do CS FP Dual Dirección Servizos
Sobremesas : Jacobo Otero, titor do CM Pastalaría, repostaría e confeitaría

A coordinadora da festa, Consuelo Vercher, e redactora desta nova, agradece a todo o equipo implicado o traballo e as horas extras investidas.
Agradecemento tamén  ao equipo directivo,xeneroso e colaborador para que todo saíse adiante.
“ As zocas Mutantes” en “Mil primaveras máis”.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Comezando cos preparativos do 17 de maio

OLYMPUS DIGITAL CAMERABolboretas de chuvia

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Detalle do corredor do centro

 

collage letras