Saltear al contenido principal

Masterclass de Il Piccolo, Francesco Iannelli

Recibir a un experto como Francesco  Iannelli foi todo un luxo para o alumnado do ciclo medio de cociña e gastronomía do CIFP Carlos Oroza. Recén chegado de Madrid, onde recolleu a certificación da Unión de Cámaras de Comercio Italianas e o Instituto Nacional italiano para as Investigacións Turísticas no Salón Gourmet, xunto con outros 20 restaurantes de entre todos os italianos que hai en España, Francesco , propietario do restaurante italiano-pontevedrés de máis sona, “Il Piccolo”, amosou ao alumnado nunha masterclass, como elaborar  pasta  branca,  de sémola,  espinacas,  puttanesca, ou pasta vexetariana a base de “farine de blé truffier” que trae ex profeso  dos cultivos ecolóxicos do cociñeiro-agricultor Patrick Duler (Domaine de Saint-Géy, Lascabanes, Val du Lot).

 

FRANCESCO IL PICCOLO
Francesco Ianelli impartindo a masterclass

Durante esta actividade acompañouno David, alumno do CIFP Carlos Oroza que está a realizar a súa FCT, e do que o propietario de Il Piccolo destacou o seu compromiso e atitude, imprescindibles nunha profesión que require de adicación, perseverancia, sacrificio, ambición, e grandes dotes de creatividade e imaxinación para continuar mantendo a calidade da tradición,  ao mesmo tempo que se continua innovando e sorprendendo aos clientes con novas apostas.

FRANCESCO CO ALUMNADO
Elaborando pasta que posteriormente foi servida na aula-restaurante Álvaro Cunqueiro

FRANCESCO MASTERCLASS

Preguntado polos seus comezos, lembraba como o seu pai o levou ao psiquiatra cando decidiu abandonar o seu posto de funcionario como oficial en Italia, embarcándose no mundo da culinaria e rolando polo mundo adiante: Londres, Bélxica, Francia,Portugal, Noruega…, experiencias que lle fixeron decidirse a espallar a cociña do seu país de orixe, unha gastronomía mediterránea, saudable, e chea de matices, colores, e sabores.

SHOWCOOKING
Alumnado e profesorado compartindo preguntas con Francesco Ianelli

Agradecementos aos patrocinadores:
Augas de Mondaríz
Augas Fuente del Val
Acuña panadarías
Concello de Pontevedra
Pontejabón