Saltear al contenido principal

Illa de Arousa: territorio gastronómico do CIFP Carlos Oroza no día mundial da acuicultura

Unha delegación conformada por profesorado e alumnado do centro déronse cita no IGaFA, Instituto Galego de Formacion en Acuicultura, con motivo da celebración do día da acuicultura. DCIM100MEDIA Nesta xornada, os dous centros compartiron unha idea: a de trasladar á sociedade a importancia que a acuicultura ten no noso país, así como o compromiso desta co desenvolvemento sostible, a creación de riqueza, o I+D+I, e a mellora do coñecemento que os consumidores teñen dos produtos que proceden da acuicultura. A celebración do acto baixo o título “Cociñando os produtos da acuicultura galega”, tiña como obxectivo a exaltación dos produtos do mar procedentes da acuicultura, poñéndoos en valor a través da xornada colaborativa entre profesorado e alumnado do IGAFA e do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. DCIM100MEDIAAsí, os profesores Jorge Verdeal e Daniel Pulzoni impartiron a charla «Os produtos da acuicultura, aplicación culinaria”  sobre a cociña galega e as elaboracións que posteriormente  iban realizar, así como as algas como produto cada vez máis en alza, de tal maneira que o  alumnado dos ciclos  do IGAFa puderan coñecer o resultado final dos produtos que aprenden a cultivar, mentres que o alumnado dos ciclos de hostelería e industrias alimentarias do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra tivesen a oportunidade de coñecer como se realiza o cultivo dos produtos de acuicultura que empregan no sector da restauración. DCIM100MEDIA Posteriormente, organizáronse cinco espazos nos que foron realizadas diferentes elaboracións:

  • Arroz cremoso de wakame e mexillóns.
  • Mexillóns escabechados, en vinagreta e en salsa entomatada.
  • Roliños de linguado ao vapor de ostras e albariño con caviar de pemento vermello.
  • Consomé de mar con algas e chupiño de mexillón.
  • Almóndigas de troita en caldo de peixe.
  • Popietas de troita con xamón e queixo.
  • Adiños de rodaballo con cogomelos.
  • Mojito de agua mareira con algas.
  • Cóctel pasión de ostras con albariño.

ACCEDE AO ÁLBUM DA XORNADA

[mudslide:flickr,0,109260888@N08,72157638178431843,l,center]

Os produtos utilizados neste acto foron aportados polo Consello Regulador do Mexillón, Asociación Galega de Piscifactorías de Troita (ATRUGAL), Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA) e a empresa PORTO-MUIÑOS. Tanto o alumnado como o profesorado suliñaron o aspecto enriquecedor desta prosposta e intercambio entre ámbitos produtivos. Video sobre a xornada: DCIM100MEDIA DCIM100MEDIAO I.Ga.F.A pon en valor as especies que cultiva en colaboración co CIFP Carlos Oroza.

   DCIM100MEDIA

Mexillón de Galicia tamén presente nesta xornada.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.