Saltear al contenido principal

Hashtag # Vén coñecer o CITA

Co hashtag “ Vén coñecer o CITA”, un curso máis, os  estudantes de 1º curso do ciclo de Guía, Información e Asistencia turísticas e Xestión de Aloxamentos Turísticos xunto co alumnado do IES Valle Inclán,acompañados da profesora Ana Santos Solla de Educación Física,  realizaron unha actividade de márquetin viral en colaboración co CITA con motivo do Día Internacional dos Museos.

Esta actividade enmarcada dentro do módulo de Márquetin impartido pola profesora María José Lores Baena do CIFP Carlos Oroza, englobouse  xunto con outras actuacións como a do grupo de cámara do conservatorio de música Manuel Quiroga e a intervención do grupo de jazz SPJ Trío, a exposición do proxecto “ Eco de recuerdos olvidados de Sheila Broullón”, e a visita de Fernando Carrera da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un dos carteis deseñados na aula para a actividade de márquetin viral
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Alumnado tralo remate da actuacion
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A praza danzando

Nela o alumnado  convidou aos peóns a danzar nunha actuación que pretendía chamar a atención sobre o vital de coñecer a historia da cidade na que vivimos.

A participación implicou tamén unha visita guiada ao CITA e posterior sorteo dun xantar no CIFP Carlos Oroza.

Nesta actividade tamén colaborou o profesor Javier Oubiña e o seu alumnado do CM Panadaría, repostaría e confeitaría, coa elaboración dunha torta que foi degustada no peche da xornada, e trala última posta en escea no mesmo Centro de Interpretación da Torres Arcebispais.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Peche da xornada coa degustación da torta
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Carteis elaborados polo alumnado

 

Ademais, o alumnado deseñou carteis promocionais que foron utilizados nas rúas e diversas prazas da cidade para convidar aos pontevedreses a coñecer o seu patrimonio máis cercano no día internacional dos Museos e Paisaxes Culturais.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Juan Diz sendo entrevistado para a SER

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
XOGA, coparticipación da asociación de xordos
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Achegando o CITA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Mª José Lores Baena, responsable da actividade
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Carteis do alumnado
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Celebrando a actividade

Álbum da xornada

Vídeos da actuación

Vídeo realizado por Ana Santos Solla do IES Valle Inclán

Diario de Pontevedra

Faro de Vigo

PontevedraViva

La Voz de Galicia

Agradecementos especiais:

Ao alumnado do IES Valle Inclán e CIFP Carlos Oroza pola súa implicación en dar a coñecer o patrimonio da súa cidade

A Juan Diz, alumno responsable da coreografía e titorial

Aos medios de comunicación pola ampla cobertura da actividade

Á ONCE  e XOGA, organización de xordos de Galicia por unirse connosco.

Ao Concello de Pontevedra e a Olga, Susana Loureiro e Cristian Creo do CITA pola coparticipación

Á profesora Ana Santos Solla de Educación Física

A Javier Oubiña e Jorge Verdeal pola torta conmemorativa