Saltear al contenido principal

Fuxir da contaminación acústica e lumínica

Son moitos os produtos turísticos que faltan por crear e idear. Repensar nas necesidades que nin siquera en moitas ocasións están manifestas, e dar visibilidade á morea de posibilidades de creación de produto,  será un traballo que teñan que realizar no futuro o alumnado que na actualidade está a estudar.

De cara a esa provocación e incitación, a saída didáctica proposta tiña como propósito procurar o silencio nun venres de tarde, fuxir da cidade, non facer moitos kilómetros, e descubrir recursos non utilizados no ámbito turístico e que sen embargo teñen moito potencial no tempo de lecer. Desas premisas xurdiu o RAG, unha mestura de rural, astronómico e gastronómico, e na que no vindeiro curso 2016-2017 se lle unirá un cuarto ingrediente, coa pretensión de que os establecementos do ámbito rural procuren a súa propia identidade, moitas veces ben próxima, e á que so é necesario tenderlle a man.

Os establecementos seleccionados foron Lar de Morar, Veiga Mariña, e o observatorio astronómico de Cotobade, para unha tarde noite na que quedamos atrapados polo encanto dunha piscina á beira dunha carballeira, do trato recibido por Eduardo, e polos membros da asociación astronómica, quen brindaron tempo e entusiasmo nas súas explicacións, tanto sobre a apertura dun establecemento turístico no rural como sobre os aneis de Saturno, que esa noite decidiu competir con Marte a pesar dos anos luz de distancia. Unha viaxe 5 estrelas ben perto da casa.

Álbum da xornada

Lar de Morar
Alumnado de CS Xestión de Aloxamentos no hotel rural Lar de Morar
P1080806
Fonte artesá de madeira
P1080844
Piscina ao carón da carballeira en Veiga Mariña

 

 

 

Veiga Mariña
Despertar en Veiga Mariña

 

 

P1080866
Na cúpula do observatorio de Cotobade
Explicación distancia entre planetas
Anos luz de distancia nun entorno de 0 lux
Explicación no exterior do firmamento
Contaminación lumínica 0 – Firmamento desde o observatorio de Cotobade