Entre lobos e estrelas
Lagoas e glaciares, teixos do cuaternario únicos en Europa, camiños do ferro, estacións vivas…son recursos, que ao igual que os pementos de Monterrei ou Arnoia, precisan ser cociñados con outros ingredientes e presentados nun paquete a familias con pequenos, empresas, xubilados, grupos de escolares…porque, acaso todos buscamos o mesmo?
Javier Otero, consultor acreditado en Calidade Turística (Q) polo ICTE e TURGALICIA, realizou un obradoiro sobre planificación e desenvolvemento de produtos turísticos, » Do territorio ao destino a través do produto». Nel, o alumnado de 1º e 2º Guía, información e asistencia turística, pudo poñer en práctica todo o aprendido ao longo do curso, á par que renovaron e incrementaron o coñecemento sobre o papel fundamental que un territorio ten que camiñar ata ser considerado destino turístico, no que os produtos turísticos ben estruturados, concebidos, e deseñados, xogan un papel esencial.
Así, » Entre lobos e estrelas», » Xeocaching»,» O tren da vida», » Na noite dos tempos», » Micropaisaxes», » Cociña de estación«, » Trevinca ornitolóxica»…foron algúns dos produtos presentados por Iniciactiva e xa postos en marcha en lugares como o PN Montes do Invernadoiro, Valdeorras, Monterrei, Viana do Castelo, etc. , produtos adaptados á demanda que amosan a autenticidade do territorio, con experiencias innovadoras que están xerando produtos atrativos e singulares arredor do patrimonio industrial , da culinaria, e das paisaxes culturais.
Trala presentación o alumnado tivo que crear un produto turístico en espazos nos que todavía queda moito por facer: unha estación de esquí no verán, unha biblioteca dun mosteiro, un peirao dunha vila…co reto de axeitarse a perfís de públicos diferentes e en épocas estivais de baixa demanda, a fin de contas, unha das críticas que máis se fai sobre o turismo na nosa comunidade, é a falta de produtos adaptados á demanda.