Disfrutar da comida que non vemos
Disfrutar da comida sen vela….. iso foi o que fixeron os 47 invitados que participaron no xantar adaptado o mércores 22 de abril na aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro.
O alumnado de 1º curso dos CM Servizos de restauraciópn e CS Guía, información e asistencia turísticas, foi especialmente formado por persoal técnico da ONCE para poder recibir e atender correctamente ás 31 persoas que viven con perda total ou parcial de visión e que non quixeron perder este menú tamén especialmente deseñado para eles, ainda que tamén contamos con 6 usuarios da asociación Juan XXIII que disfrutaron tamén con nós deste exquisito menú elaborado con moito agarimo.
Suliñar que algúns invitados aceptaron o reto de comer a cegas, polo que tiveron os ollos tapados cuns antifaces durante toda a comida, resultando así unha experiencia inesquecible, chea de matices que puideron experimentar a través dos outros sentidos como o olfato, gusto e oído.
Minuta
Canapé
Croquetas
Chupito
Raviolis recheos de setas con salsa de queixo
Carrillera de tenreira en salsa de viño tinto
Peixe sapo en salsa mariñeira
Tiramisú
Outras actividades relacionadas:
Para ti, para min, para todos
Árbores que falan a través dos sentidos
O patrimonio máis vivo de Pontevedra
Tender unha man pero que sexan os ollos
Descubrindo o centro de recursos educativos da ONCE
Xantar especial coa ONCE no CIFP Carlos Oroza
Unha discapacidade que non se ve
Asociación XOÁN XXIII, encontro entre mozas e mozos
Tiflotecnoloxía, escotomas, percepción háptica,…un mundo descoñecido e tan próximo!