Saltear al contenido principal

Da horta á mesa

A semana pasada quedou inaugurado o taller restaurante Álvaro Cunqueiro do noso centro para este novo curso. Para esta ocasión deseñouse un menú moi especial elaborado e servido polo alumnado a base de hortalizas, plantas aromáticas e flores comestibles recollidas directamente da nosa horta ecolóxica.

horta

Produtos recollidos da Horta do Oroza.

Antes do xantar abríronse as portas da horta aos comensais que puideron gozar dunha visita guiada polo profesor de Cociña Ricardo Fernández, quen explicou os obxectivos da horta e as distintas variedades dos produtos que nela se cultivan. Neste evento acompañáronos representantes da Misión Biolóxica de Galicia, que están a colaborar con nós na mellora xenética dos cultivos e aos que agradecemos á súa visita.

Estas son algunhas das fantásticas elaboracións dos alumnos.

                                                                          2016-10-14-photo-00000018panacota

 

 

A nosa hortiña, que conta cuns 200 metros cadrados e que xa está a quedarse pequena, existe grazas á labor, dedicación e agarimo dos profesores Ricardo, Jorge, José Luis e Francisco e do equipo de alumnado que eles dirixen. Detrás das súas marabillosas cores e froitos (boísimos por certo!), está a súa verdadeira razón de ser: a aprendizaxe e a sensibilización do noso alumnado no aproveitamento dos produtos, o compromiso no seu coidado e a posta en valor do traballo dos pequenos produtores agrícolas.

Medrando a horta medramos todos !!

Pica no álbum para ver as fotografías da xornada.

Enlaces relacionados: