
Convenio de colaboración FP Dual
A Consellería de Cultura e Educación, a Deputación de Pontevedra e a empresa Arlea Hotels pertencente ao grupo HOTUSA, asinaron un convenio de colaboración para a implantación dos seguintes ciclos superiores na modalidade FPDUAL no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra:
•CS Dirección de cociña
•CS Dirección de servizos de restauración
•CS Xestión de aloxamentos turísticos
Estes ciclos impártense de xeito semipresencial, alternando periodos de formación e traballo do seguinte xeito:
•7 meses de formación ao alumnado a través da plataforma Platega durante o periodo que o alumnado permanece na empresa.
•2 meses de formación presencial no CIFP Carlos Oroza e nas instalacións da Pousada de A Lanzada.
Ampliar información no enlace a orde pola que se publica o proxecto experimental da FP Dual.