Coñecendo as setas…
Estamos en outono e entre os moitos froitos que a natureza nos regala (polo de agora…), atopamos as setas como pequenos tesouros, máis aínda si falamos do aproveitamento culinario nas receitas dos nosos futuros cociñeiros. O alumnado de 1º curso de Dirección de Cociña adentrouse no complexo mundo da setas, das múltiples variedades e do recoñecemento da súa aptitude para o consumo humano e aprovechamiento culinario. Ricardo, profesor de cociña, invitou ao seu equipo de alumnos a descubrir a morfoloxía das setas, a identificalas e a clasificalas segundo por exemplo, o tipo de himenio que presenta (parte inferior do sombreiro onde se producen as esporas): láminas, tubos, pregues ou aguillóns? Se tes dúbidas, podes preguntarlle a este alumnos que xa son verdadeiros expertos!!
Logo desta primeira toma de contacto na aula, picounos o gusanillo e non nos quedou outra que acercarnos ao monte para ir recolectalas. Descubrimos unha grandísima gama de cogomelos diferentes na súa forma, tamaño, cor, texturas… Posteriormente no taller de cociña as clasificamos coa axuda do profe e de guías especializadas: amanitas rubescens, cantarelas, angulas de monte, linguas de vaca, cogordos…
Pica no Álbum para ver as fotografías que evidencian o aprendizaxe do alumnado.
… e se saes a buscar setas, RECORDA:
- Moitas son tóxicas, polo que se non estás seguro, déixala onde está.
- Non leves no mesmo cesto as setas comestibles con outras dudosas, pois unhas poden contaminar ás outras.
- Non recollas setas en lugares como cunetas, áreas industriais, vertedoiros… Acumulan facilmente compostos tóxicos!
- Non escarbes para a súa recolección, e evita o pisoteo de setas e outros hongos.
- Sae sempre acompañado de outra persoa e planifica a túa ruta.