Saltear al contenido principal

«Chorín por non ser home»

» Chorín por non ser home, por querer axudar ao meu pai e nai», así comentaba coa forza propia e a xeada das de Agüiño, Ajiño, en Ribeira, Gloria Lijó, a primeira muller de España que traballou nun barco petroleiro, pese á negativa inicial por ser muller, e anos despois nun de baixura canario-marroquí.  Ela é a muller coa que Montse Fajardo, autora da obra “Matriarcas. Mulleres en pé de vida”, abre o seu libro que xa vai pola 3ª edición e no que se recollen as voces  e vivencias de 10 mulleres  que tiveron que facerse fortes ante as adversidades e problemas ben duros que a vida lles puña diante, e  nas que demostraron  unha resistencia e vitalidade fóra do común.

Chus Escudeiro e Montse Fajardo suliñaron o labor feito polas mulleres, nunha sociedade na que abondaban as viúvas de vivos, orfas, viúvas de fusilados…mais que todas elas pelexaron a reo polo ben das súas familias, nunha sociedade matriarcal de posguerra na que as calimidades eran o cotiá.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

A conferencia non so lembraba o 8 de marzo, tamén tiña a pretensión de presentar “ Matriarcas” ao alumnado de 1º de GUIAT, un dos fondos documentais xa publicados,  e dado que eles colaboran coa concellería de patrimonio histórico e de cultura do concello de Pontevedra no proxecto “ A memoria das mulleres”, na que o alumnado aporta o seu grao de area investigando e entrevistando a mulleres de Pontevedra  que xa son testemuñas dunha parte da nosa historia, e na que as entrevistadas aportan grandes leccións difíciles de aprender nunha aula, como lles decía Gloria » Para tapala fame, codiños», ela so tivo a universidade da vida, a que transmitiu ao alumnado cunha forza, emotividade  e ánimo que os deixou perplexos ante o que escoitaban, deixando un xerme de querer saber máis, o mesmo que hai anos a avoa Pepita deixara na autora Montse Fajardo, e que lle levou a transformar esas bágoas derramadas  a medias, nesta obra recomendable para compartir e continuar conversando cos nosos maiores.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 Portada do libro

PontevedraViva

Faro de Vigo

Faro de Vigo

Diario de Arousa

Arousa TV

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.