Certame Suso Domínguez
As xornadas de Enoturismo, cultura gastronómica e emprendemento que terán lugar os próximos 26 e 27 de febreiro dentro do certame Suso Domínguez xa ten cartaz gañador, o do alumno Esteban Fojo Garrido do IES Montecelo.
Trala homenaxe no curso pasado ao que foi compañeiro e xefe de estudos, este curso terá lugar o que será o 1º Campionato de Sumillería de Galicia, no que participarán os centro educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como escolas de Portugal.