Saltear al contenido principal

Aprendendo coas legumes

A semana pasada no CIFP Carlos Oroza de #Pontevedra celebramos a "Xornada de estudo dos selos de calidade, as DOP - IGP de España" (selos de calidade de legumes), na que estivo presente a #LentejaDeTierraDeCampos. Alumnado de Primero Curso do Ciclo Medio de #Cociña e #Gastronomía elaboraron propostas culinarias a partir das legumes españolas que contan con selo de calidade diferenciada. Unha alumna e un alumno cociñaron coas nosas #lentellas: - Berta MR: Lentellas estofadas con chourizo de porco celta / Hamburguesa de lentellas. - Juan RO: Lentelllas estofadas / Setas de temporada con lentellas. #Seguimosaprendendo#Seguimoscolaborando.
Ler máis

Practicando na formación da Cervexa

O alumnado do CIFP Carlos Oroza segue aprendendo e poñendo todo da súa parte para formarse. Amosámosvos as clases de servizo de viño do grupo de 2º de FPB, a formación en cervexa do alumnado de 1º de Dirección Servizos e no taller de cociña con 2º de Dirección Cociña.
Ler máis

Implicación no 25 N

Pinceladas de contribución no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día en que a ONU pide que pintemos o mundo de laranxa.#igualdade,#fóraviolencia.
Ler máis

Implicación no 25 N

Pinceladas de contribución no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día en que a ONU pide que pintemos o mundo de laranxa.#igualdade,#fóraviolencia.
Ler máis

A HortaOroza enerxía viva

Nesta primaveira excepcional a Horta Oroza, brotando, medrando e enchendo de cor e vida o exterior do noso centro. Os coidados que está recibindo prometen que a aula viva #hortaOroza esté lista para acoller ao noso alumnado en setembro.
Ler máis

Lupe Blanco regueifeira excepcional

O alumnado de 1º do CB de Cociña e Restauración puido disfrutar aprendendo a arte da poesía oral improvisada coa regueifeira Lupe Blanco. Foi unha iniciación ao coñecemento das regueifas, traballándoas dun xeito lúdico. Aproveitamos esta actividade para crear entre todos regueifas adaptadas aos temas do século XXI, en concreto á igualdade." #Aprenderdisfrutando. Grazas Lupe.
Ler máis

Exitoso VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Disfrutamos do VII certamen de Sumillería Suso Domínguez grazas á implicación e participación de todas as participantes, do profesorado e por suposto da boa organización. Noraboa ás tres finalistas, e un gusto felicitar a Fátima do IES Paseo das Pontes polo seu 1º lugar. Seguiremos con moito ánimo a #SeguirAprendendo. Un auténtico gusto que poidamos continuar participando coa mesma ilusión e profesionalidade ata agora amosada.
Ler máis
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.