CARLOS OROZA no CIFP Carlos Oroza
O poeta Carlos Oroza visitou o centro que leva o seu nome acompañado do director Manuel Hermo, a xefa de estudos Ana Area, e de Antón Pulido, pintor e gravador cuxa obra máis recente está precisamente estes días exposta no museo de Pontevedra, Sexto Edificio.
A pesar de non ter unha gran cantidade de obra, Carlos Oroza adicouse nos anos setenta a dar recitais cunha forza tal, que cada vez que saía a escea, ao finalizar era sacado en hombros polos estudantes. Os seu poemas cun enfoque de poesía beat fixéronlle merecedor do premio internacional de poesía de Nova York, o Underground, precisamente por ser un pregonero, ou en palabras de Manuel Rivas: “o mellor rapsoda que existe en Europa, coa virtude dunha linguaxe orixinal, sen medida, co carisma do océano, como unha onda xigante de consecuencias imprevisibles, onde podes naufragar para sempre, ou ser empurrado ás praias máis apacibles do planeta.
Recentemente presentouse o seu último libro, Évame, una recopilación da súa obra publicada pola editorial Elvira, na que tamén se inclúen debuxos e bocetos de seu, así como poemas inéditos.
Portada do libro Évame de Carlos Oroza