Experiencias en Etiqueta Negra 2019
Un ano máis o CIFP Carlos Oroza participa activamente na feria de produtos gastronómicos autóctonos Etiqueta Negra 2019, emocionante, enriquecedora, agradable para a vista e o gusto. As futuras cociñeiras e cociñeiros, camareiras e camareiros nos fixeron disfrutar de todas as elaboracións gastronómicas, cócteles, bebidas, xunto coas explicacións á vista do público. Sigamos nesta línea de #aprenderfacendo e cun selo de #orozasostible. Moitas grazas por darnos a oportunidade de formar parte activamente nesta 4ª edición.