Saltear al contenido principal

Proxecto Xílgara

O alumnado de Panadería, Repostería e Confitería do CIFP Carlos Oroza presentou baixo o título “Xílgara”, un proxecto de elaboración de doces tradicionais e de recordos para distribuir en cadenas hoteleiras, tendas “gourmet” e restaurantes. Foron galardonados co premio DemoDay no que participaron estudiantes de cinco centros de Formación Profesional da provincia con nove proxectos. Noraboa. #OrgullOroza.
Ler máis

Aprendendo nas visitas

O alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas aprende nas rúas e nas visitas mergullándose nos seus atractivos e nas súas explicacións. Acuden ao Centro de Interpretación de Campo Lameiro e facendo unha ruta pola senda do Lérez, ademais de visitar a maravillosa vila de Combarro. #sorríefacendo, #sorriecamiñando, #sorrienatureza, #sorriecultura, #sorriedescubrindo.
Ler máis

Amosando o 8M

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, establecido pola Organización de las Naciones Unidas (ONU) en 1975. Este día recorda á loita das mulleres e da constante búsqueda de equidade de xénero. Para nós, o 8M significa sororidad, apoiararnos mutuamente para a loita pola igualdade e contra o patriarcado. 8M debería ser todos os días: poder sentirnos libres, seguras e empoderadas sempre. #Apoiamos8M
Ler máis

Aprendendo coas legumes

A semana pasada no CIFP Carlos Oroza de #Pontevedra celebramos a "Xornada de estudo dos selos de calidade, as DOP - IGP de España" (selos de calidade de legumes), na que estivo presente a #LentejaDeTierraDeCampos. Alumnado de Primero Curso do Ciclo Medio de #Cociña e #Gastronomía elaboraron propostas culinarias a partir das legumes españolas que contan con selo de calidade diferenciada. Unha alumna e un alumno cociñaron coas nosas #lentellas: - Berta MR: Lentellas estofadas con chourizo de porco celta / Hamburguesa de lentellas. - Juan RO: Lentelllas estofadas / Setas de temporada con lentellas. #Seguimosaprendendo#Seguimoscolaborando.
Ler máis

Practicando na formación da Cervexa

O alumnado do CIFP Carlos Oroza segue aprendendo e poñendo todo da súa parte para formarse. Amosámosvos as clases de servizo de viño do grupo de 2º de FPB, a formación en cervexa do alumnado de 1º de Dirección Servizos e no taller de cociña con 2º de Dirección Cociña.
Ler máis

Implicación no 25 N

Pinceladas de contribución no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día en que a ONU pide que pintemos o mundo de laranxa.#igualdade,#fóraviolencia.
Ler máis

Implicación no 25 N

Pinceladas de contribución no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día en que a ONU pide que pintemos o mundo de laranxa.#igualdade,#fóraviolencia.
Ler máis

A HortaOroza enerxía viva

Nesta primaveira excepcional a Horta Oroza, brotando, medrando e enchendo de cor e vida o exterior do noso centro. Os coidados que está recibindo prometen que a aula viva #hortaOroza esté lista para acoller ao noso alumnado en setembro.
Ler máis
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.