Pilar Picas, artista, licenciada en Belas Artes e especializada en alfabetización visual, fixo unha achega ao alumnado a unha serie de coñecementos específicos ao respecto do tratamento das imaxes na presentación de traballos: que é a retícula, a distorsión, o horror vacui, a resolución nunha fotografía, etc.
Tal e como ela comentaba, hoxe en día temos unhas ferramentas nas nosas mans con comandos moi intiutivos, que nos fan pensar que todo é moi doado, e para o que non se require de formación. Pero iso non é certo, e aínda que non sexamos especialistas no mundo da imaxe, si debemos tentar presentar a documentación dentro dunhas pautas básicas que aporten unha mensaxe clara, e que ao espectador e cliente do eido do turismo e a hotalaría lle dea unha imaxe profesional e coidada, alén de facilitar a tarefa ao alumnado e futuros profesionais do sector, que aprenderon sobre o necesario de aplicar filtros de criterio na ollada e no deseño. Grazas Pilar por compartir connosco a túas experiencias.