Saltear al contenido principal

Aprendendo coas legumes

A semana pasada no CIFP Carlos Oroza de #Pontevedra celebramos a "Xornada de estudo dos selos de calidade, as DOP - IGP de España" (selos de calidade de legumes), na que estivo presente a #LentejaDeTierraDeCampos. Alumnado de Primero Curso do Ciclo Medio de #Cociña e #Gastronomía elaboraron propostas culinarias a partir das legumes españolas que contan con selo de calidade diferenciada. Unha alumna e un alumno cociñaron coas nosas #lentellas: - Berta MR: Lentellas estofadas con chourizo de porco celta / Hamburguesa de lentellas. - Juan RO: Lentelllas estofadas / Setas de temporada con lentellas. #Seguimosaprendendo#Seguimoscolaborando.
Ler máis

Practicando na formación da Cervexa

O alumnado do CIFP Carlos Oroza segue aprendendo e poñendo todo da súa parte para formarse. Amosámosvos as clases de servizo de viño do grupo de 2º de FPB, a formación en cervexa do alumnado de 1º de Dirección Servizos e no taller de cociña con 2º de Dirección Cociña.
Ler máis

Implicación no 25 N

Pinceladas de contribución no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día en que a ONU pide que pintemos o mundo de laranxa.#igualdade,#fóraviolencia.
Ler máis

Exitoso VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Disfrutamos do VII certamen de Sumillería Suso Domínguez grazas á implicación e participación de todas as participantes, do profesorado e por suposto da boa organización. Noraboa ás tres finalistas, e un gusto felicitar a Fátima do IES Paseo das Pontes polo seu 1º lugar. Seguiremos con moito ánimo a #SeguirAprendendo. Un auténtico gusto que poidamos continuar participando coa mesma ilusión e profesionalidade ata agora amosada.
Ler máis

Obradoiro «Cultura Pop en Galiza»

O pasado venres 28 de febreiro Miguel Silva, coñecido nas redes como Aquel-e, veu ao noso centro a realizar un obradoiro co alumnado de 2º curso do ciclo básico de cociña e restauración, chamado Galiza Pop. Durante esta charla participativa, Miguel Silva falounos da cultura pop en Galicia, e presentounos grupos musicais, blogs, youtubeiros e youtubeiras en galego que se afastan da idea tradicional de todo o que ten que ver con Galiza. #Aprenderescoitando.
Ler máis

Escapada a «Marqués de Vizhoja» #Love Enoturismo

As experiencias enoturísticas como prinicpais motivacións á hora de visitar e viaxar destinos enoturísicos e poder coñecer a cultura do viño que alí podemos atopar a través das diferentes actividades como visitar bodegas, catas de vino, maridaxe e degustacións... Esta semana os grupos de 1º e 2º de Guía, Información e Asistencia Turísticas disfrutaron da Bodega Marqués de Vizhoja, así como do seu entorno, do seu Pazo, ademais de coñecer un pouquiño sobre os seus caldos, tan recoñecidos e apreciados. #Aprendervisitando nunha visita guiada interpretativa entre o viño e a arte. Grazas pola vosa colaboración.
Ler máis

Intercambio de experiencias entre centros educativos

O CIFP Someso e o CIFP Carlos Oroza acudimos ao IES Montecelo a unha xornada de coñecemento sobre a mellora de convivencia e plans de formación para formar ao profesorado de cómo conformar equipos de mediación escolar. Ditas aportacións axúdannos a reflexionar para conseguir unha mellora continua na calidade nas ensinanzas. Moi agradecidos polas vosas aportacións.
Ler máis
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.