Saltear al contenido principal

Creatividade na Food Truck

Inspiración na "Pontevan" do CIFP Carlos Oroza da man do alumnado de 1º do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía, coa finalidade de promover a alimentación saudable a base de produtos galegos de calidade, por exemplo, un bocata de zorza de porco celta, con queixo Arzúa Ulloa e pan". #magníficaEsperiencia, #CreativiadeAtope, #SaudePaladar. Seguimos innovando. Grazas.
Ler máis

Experiencia Terras de Pan e Viño

O alumnado de 1º e 2º de Guía, Información e Asistencia Turísticas visitaron: o monasterio de Oseira, o forno de Cea, o centro de Veracruz en Carballiño, o castro de San Cibrao de Las e a Eira das Hermidas en Cerdedo).#Aprederfacendo. Grazas pola vosas prácticas e participación. Seguimos traballando na búsqueda de experiencias auténticas en contacto co patrimonio.
Ler máis

Graduación alumnado de 2º Aloxamento

Onte realizouse un acto de protocolo na "HortaOroza" onde o alumnado de 2º curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos aportou ás súas vivencias nestes anos, agardecendo a todo o profesorado, alumnado e ao Carlos Oroza pola súa labor e aprendizaxe no ciclo neste ano tan especial.#NoraboaAlumnado, #GrazasSempre#SeguirCrecendo.
Ler máis

Evento alumnado de 2º Guiat

Tivo lugar o evento do alumnado de 2º de Guía, Información e Asistencia Turísticas, no que se puso en práctica o aprendido durante o curso, convertíndose nun acto emotivo, cheo de sorpresas e agarimos que conectou cos asistentes e que resumiron dun xeito precioso o amosado neste curso no CIFP Carlos Oroza. Grazas alumnado polo voso traballo e esforzo durante este tempo; agardamos que teñades o máis brillante dos futuro profesional agora e sempre.#Aprenderfacendo.
Ler máis

Aprendendo con ELisa e Marcela

Hoxe tivemos o prazer de disfrutar da obra de teatro "Elisa e Marcela", protagonizadas por: Areta Bolado, Noelia Castro, e Ailén Kendelman da compañía de teatro A Panadaría que nos presentaron a primeira montaxe teatral con dúas protagonistas lesbianas, que no ano 1901 casan pola igrexa na Coruña transformándose Elisa en Mario e sendo o primeiro matrimonio lésbico do que se ten constancia no Estado. Elisa e Marcela son e foron un símbolo de desafío ás regras e da necesidade de reivindicar a defensa da liberdade e dos dereitos das parellas lésbicas. Esta obra ten acadados 9 premios, entre outros o Premio ao Mellor Espectáculo nos María Casares 2018, o Premio da Crítica de Galicia en 2015 e o Premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia.#Grazas pola vosa interpretación e por deleitarnos con esas voces maravillosas e cheas de mensaxes intimistas que nos estremecen e nos fan pensar. #Sempreagradecidas.
Ler máis

Carreira de orientación

1ª Carreira de Orientación CIFP Carlos Oroza, que se desenvolveu polo recinto da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Organizado por @xestanatureza deunos a oportunidade de realizar unha actividade ao aire libre, segura e entretida que permitiunos pensar por un rato na normalidade de años anteriores. Noraboa a tódolos equipos por participar, e especialmente aos que ocuparon o podio: 1º Los "sinnombre" de 1º CSDIRCOC, formado por Luis, María e Raúl. Parabens!! 2º El grupo del Grupo, de 1º CSDIRSERV, formado por Patricia, Adrián, Jonathan e Carmen. 3º Latin Kings, de 2º FPBASICA, formado por Alejandro, Mehdi, Jorge e Adrián.
Ler máis

Experiencia na Horta Oroza

Neste momento do curso a Horta está precisosa, florida, con cores e produtos no seu explendor. O alumnado de 1º de guía acudiu á horta para aprender un pouco máis sobre as especies, a súa utilización, o seu aprovechamento, o compós... infinidades de curiosidades contadas e vividas polo profesor Ricardo Fernández. Grazas pola vosa dedicación. #Coñecendo,#Apreciando#Conectando, #Mellorando, #Participando...
Ler máis

Proxecto Xílgara

O alumnado de Panadería, Repostería e Confitería do CIFP Carlos Oroza presentou baixo o título “Xílgara”, un proxecto de elaboración de doces tradicionais e de recordos para distribuir en cadenas hoteleiras, tendas “gourmet” e restaurantes. Foron galardonados co premio DemoDay no que participaron estudiantes de cinco centros de Formación Profesional da provincia con nove proxectos. Noraboa. #OrgullOroza.
Ler máis

Aprendendo nas visitas

O alumnado de 1º e 2º do ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas aprende nas rúas e nas visitas mergullándose nos seus atractivos e nas súas explicacións. Acuden ao Centro de Interpretación de Campo Lameiro e facendo unha ruta pola senda do Lérez, ademais de visitar a maravillosa vila de Combarro. #sorríefacendo, #sorriecamiñando, #sorrienatureza, #sorriecultura, #sorriedescubrindo.
Ler máis

Amosando o 8M

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, establecido pola Organización de las Naciones Unidas (ONU) en 1975. Este día recorda á loita das mulleres e da constante búsqueda de equidade de xénero. Para nós, o 8M significa sororidad, apoiararnos mutuamente para a loita pola igualdade e contra o patriarcado. 8M debería ser todos os días: poder sentirnos libres, seguras e empoderadas sempre. #Apoiamos8M
Ler máis
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.