Saltear al contenido principal

Visualización de 9 mulleres galegas

O alumnado de 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas acudiron á Praza da Ferrería para mostrar a nove mulleres galegas que formaron parte da cultura galega pola súa traxectoria, valentía e carisma, representando e interpretando ás Marías pola súa rebeldía, mulleres de Camariñas que tecen historias, Ángeles Alvariño a muller que descubriu o mar, un rastro de tinta a través de Maria Victoria Moreno, coñecendo a Ana María Soto Landeira, a primeira asistenta social na nosa terra, a gran debuxante Xulia Minguillón, as irmáns Touza que lograron salvar a 500 xudeos da morte, a Elisa e Marcela cando o amor se adianta aos tempos, e á pintora feminista Maruja Mallo. Foi unha experiencia moi enriquecedora e gratificante. Grazas a todo o alumnado e ao profesorado. Noraboa polas vosas tarefas.
Ler máis

Charla da man de Mercedes M., escritora do libro «Oito Olladas sobre o 8M» (Folga feminista)

"Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo", obra publicada pola Editorial Galaxia fruto da iniciativa da Diputación de Pontevedra. O libro, que partió da escritora Inma López Silva e na que participaron oito mulleres que trabajan en distintos campos, recopila as súas experiencias durante a folga que se celebrou o ano pasado con motivo do Día Internacional da Muller y que se convertiu nun símbolo na historia do movemento feminista. A libreira Mercedes M. estivo contando as súa vivencias e experiencias ao alumnado de 1º de xestión de aloxamentos turísticos e 1º de guía, información e asistencia turísticas. Disfrutamos todas e todos acompañados polas profesoras Paloma (Francés) Tareixa (Hostelería e turismo), Paula (Inglés) e María José (Hostelería e turismo). Gracias Mercedes polas túas reflexións e por telas compartido con todas nós.
Ler máis
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.