Experiencias en Campolameiro
O pasado 30 de outubro o alumnado de 1º do ciclo básico de cociña fixo unha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Ademais de descubrir algúns dos petróglifos que alí se atopan, así como o poboado da idade do bronce, puideron participar no obradoiro "A metade silenciada". Esta actividade consiste na análise crítica da exposición do propio dentro de interpretación, en relación coa escasa presenza das mulleres no mesmo. Coa axuda dunha guía do parque, os alumnos e alumnas puideron reflexionar sobre a igualdade e "modificar" algunhas das informacións desta exposición, para así facer máis visible a figura da muller e o seu valor na sociedade da época". Aprendendo e facendo.