A Semana de Cociña de Outono chega ao Carlos Oroza
Esta semana a gastronomía propia da tempada outonal é protagonista no CIFP Carlos Oroza. Foi o pasado venres cando deu comezo esta iniciativa coa recollida de exemplares de cogomelos por parte do alumnado no monte de Campañó. As xornadas gastronómicas proseguiron o luns coa montaxe no corredor de entrada do centro cunha exposición de cogomelos silvestres, ingredientes centrais dos menús temáticos que desde o luns pódense degustar no restaurante Álvaro Cunqueiro.
Será mañá cando a semana de cociña de outono chegue ao seu fin coa celebración de diversos actos como unha charla de introdución á micoloxía a cargo do presidente da Asociación Micolóxica Brincabois, Jaime Blanco; unha charla de introdución á castaña de Galicia por parte de Manuel López, secretario da IXP Castaña de Galicia e un taller denominado “A cociña dos cogomelos” impartido por Miguel Silvarredonda, experto no tratamento culinario dos cogomelos.
Déixámosvos a ligazón da noticia coa que o xornal online Pontevedra Viva! recolleu esta actividade: