Saltear al contenido principal

Erasmus Days Oroza 2026

O vindeiro 14 de outubro, o CIFP Carlos Oroza celebrará unha nova actividade con motivo dos Erasmus Days 2026, unha iniciativa que busca achegar ao alumnado as oportunidades de mobilidade que ofrece o programa Erasmus+.

A actividade estará dirixida ao alumnado de 2º curso interesado en realizar unha mobilidade Erasmus+ durante este curso e desenvolverase no taller cafetaría do centro.

Durante a xornada, as persoas participantes poderán:

  • degustar diferentes propostas de almorzos europeos;
  • conversar con exalumnado do centro que xa participou en mobilidades Erasmus+;
  • resolver dúbidas sobre destinos, prácticas, idioma, aloxamento ou vida cotiá durante unha mobilidade;
  • e descubrir novas posibilidades para a súa propia experiencia Erasmus.

A actividade desenvolverase a través dun pequeno percorrido por catro etapas:

Taste Europe · Ask Erasmus · Union of Skills · Discover your Mobility

Para poder organizar correctamente a participación e preparar os materiais da actividade, será necesario realizar inscrición previa.

Formulario de inscrición: http://bit.ly/inscricionErasmusDayOroza

Prazo de inscrición: ata o 6 de outubro ás 23.55 horas.

Se estás pensando en vivir unha experiencia Erasmus+, esta pode ser unha boa oportunidade para coñecer de primeira man como é unha mobilidade e resolver todas as túas dúbidas falando con quen xa a viviu.

 

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.