Saltear al contenido principal

Tiflotecnoloxía, escotomas, percepción háptica,…un mundo descoñecido e tan próximo!

OLYMPUS DIGITAL CAMERATiflotecnoloxía,percepción háptica,escotomas…un mundo descoñecido e tan próximo!

O centro de recursos educativos da ONCE, o CRE, abriunos as súas portas como xa vén sendo habitual desde hai uns anos. Agustín, Marisol e Geno, fixéronnos sentir a organización nacional de cegos todavía máis próxima do que de por si xa é coñecida.

75 anos de vida, premio ondas na modalidade de publicidade radiofónica, príncipe de Asturias da concordiaOLYMPUS DIGITAL CAMERA, e un largo e intenso camiño percorrido polos profesionais que a conforman e asociados, non son máis que o resultado dun traballo responsable, intenso e apasionado polo querer e crer na educación dos rapaces con dificultades visuais.OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

-Como facer unha visita guiada,

– como dar orientacións nun establecemento hotelero sen quedar paralizados cando se trata de atender a un cliente con dificultades visuais,

–  como empatizar e recoñecer as indicacións certas cando a realidade doutros nos é descoñecida,

– perder o medo e non sentirnos desconcertados cando para vernos non nos poden mirar á cara.

……………………………. COMO?

…………………………………………..POÑÉNDONOS NA PEL

……………………………….COMO?

…………………………………………..POÑENDO GAFAS DE SIMULACIÓN

e por suposto, aprendendo da man de Marisol, técnica de rehabilitación, e de Uxío, tiflotecnólogo que nos deixou abraiados. Datos como o do coste de 1 € por cada folio transcrito con thermoform fixo que o alumnado multiplicara axiña: 500 € un libro de texto.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cans guías que poden estar sendo preparados durante dous anos e despois non ser acreditados.

Datos que reflicten a importancia da sensibilización e cooperación coa organización que preside José Ángel Abraldes.

Formación e información que nos fixo poñer unha imaxe á percepción háptica, á visión periférica, á visión de escopeta de cañón, a un Taj Mahal difuso para nós, pero todo un agasallo para os ollos que o descubren, como se de un puzzle se tratase, paseniño a paseniño, paseándose para poder completar a imaxe mental, para ter a visión dun conxunto fermoso.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA[mudslide:flickr,0,109260888@N08,72157637901484013,l,center]