
Entrega das bolsas da FP Dual
Barcelona, Córdoba, Oviedo, Madrid, Santiago, Munich…son os destinos escollidos polo alumnado dos ciclos superiores de Dirección Servizos, Dirección Cociña e Xestión de Aloxamentos turísticos da FP Dual experimental, quen recolleron as bolsas do proxecto posto en marcha pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación de Pontevedra e o grupo Hotusa Eurostars – Arlea Hotels-.
O proxecto que se desenvolverá on line a través da plataforma PLATEGA e presencialmente no segundo trimestre do curso, combina estadías de formación na empresa xunto coa aprendizaxe telemática.