Panadería e Bolaría Artesanais
- Curso especialización
- Familia: Hostalaría e turismo
- Sistema educativo: LOE
- Grao: Master de Formación Profesional
- Horas: 600

A quen vai dirixido?
Este curso vai dirixido a alumnado que queira especializarse na Panadería e Bolaría Artesanal. Para acceder debes ter o título de graduado en técnico de Cociña e Gastronomía, técnico de Panadería, Repostería e Confeitería, técnico de Comercialización en Productos Alimentarios, técnico superior en Dirección de Cociña.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: os obradoiros de panadería, pastelería, confeitaría, todos eles completamente equipados, a Horta Escolar “Horta Oroza”, aula tecnolóxica, aula I+D, a tenda “ReCreO”, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
Elaborar, presentar e maridar produtos tradicionais de panadería e bolería artesanais, doces e salgados, con ou sen recheo, a partir de masas nai de cultivo e prefermentos con cereais tradicionais, especiais e pseudocereales, respectando os requirimentos da elaboración artesá e aplicando técnicas actuais con creatividade e innovación, cumprindo a normativa vixente de seguridade alimentaria, prevención de riscos e protección medio ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Obradoiros artesanais ou semindustriales que elaboran produtos de panadería, pastelería e confeitería; así como no sector de hostalería, subsector de restauración e como elaborador por conta propia ou allea. Tamén exerce a súa actividade no sector do comercio da alimentación naqueles establecementos que elaboran e venden produtos de panadería, pastelería e repostería.
Que ocupacións se desempeña?
Mestre Panadeiro, elaborador de bolería, elaborador de masas e bases de pizza, reposteiro, catador de produtos de panificación artesanal.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|---|---|---|---|
1º | MP5019 | Bolaría artesá e follados | 164 | 5 |
1º | MP5020 | Cata e maridaxe de produtos de panificación | 54 | 2 |
1º | MP5016 | Masas nai de cultivo e prefermentos | 118 | 4 |
1º | MP5018 | Pans artesáns de cereais tradicionais, especiais e pseudocereais | 164 | 5 |
1º | MP5017 | Tecnoloxía do frío aplicada á panadaría artesanal | 100 | 3 |
Que título ou acreditación se obtén?
Mestre Panadeiro, elaborador de bolería, elaborador de masas e bases de pizza, reposteiro, catador de produtos de panificación artesanal.