
Skills Silleda 2023
Que é a excelencia na FP? Para nos, o que amosan estas imaxes: un equipazo humano de alumnado e profesorado comprometido, motivado e traballador. O noso #equiporoza
Agradecemos a Nerea, Jorge e Yaiza, representar de xeito tan brillante ao centro, cunha actitude e bo facer que é todo o que desexamos no noso alumnado Oroza. Un millón de grazas aos tres!
E felicitamos especialmente a Nerea e a Jorge, porque esas horas de traballo tiveron a súa recompensa en forma de medalla…parabéns!!!!
Grazas a Damian, Pedro e Pilar, tutores do alumnado, a Jorge, Paco Moreno, María e Paco Orge e ao seu alumnado polo impecable servizo de comidas dado a todos os participantes.
Despedímonos ata a seguinte edición de skills, na que estamos seguros que o noso alumnado, volverá a brillar!
#aprenderfacendo #fpgalicia #redeexcelenciafp #amaxiadeaprenderfacendo #skillsgalicia #hostalaría