Saltear al contenido principal

Formación en empresa FCT-Dual

A acuicultura e a gastronomía son dous sectores en auxe que aspiran a converterse en estratéxicos para a economía galega.

Conscientes disto, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, que imparte as ensinanzas en acuicultura e mergullo, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, que imparte as ensinanzas de Hostalaría turismo e industrias alimentarias, fixemos una alianza en colaboración co Consello Regulador de Denominación de orixe Protexida Mexillón de Galicia, a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA), a Asociación Gallega de Piscifactorías de Trucha de Galicia (ATRUGAL) e a empresa Porto-Muiños.

Ten como obxectivo desenvolver un proxecto común e unir “Ciencia e Gastronomía” dos produtos da acuicultura de Galicia, o cal resultou seleccionado aos premios de Innovación Didáctica de Formación Profesional da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O alumnado percibirá da empresa colaboradora na formación dual unha remuneración de 500€ durante o período de estancia na empresa.

Máis información

Empresas colaboradoras nas FP duais

Bolsas GALEUROPA para realizar prácticas en empresas europeas

Acaba de ser publicada unha convocatoria para a solicitude de axudas para realizar prácticas non remuneradas en empresas europeas.

Entre os requisitos está ter entre 18 e 30 anos, e ter un título de FP ou universitario nos últimos cinco anos. As prácticas serían de 8 semanas, a realizar entre xuño e novembro deste ano. O prazo para solicitalas é de un mes dende que se publicou no Diario Oficial de Galicia – 29 de abril.

Máis información