Saltear al contenido principal

FP Dual en Dirección de Cociña con oferta parcial de Procesos de calidade na industria alimentaria

  • FP Dual en Dirección de Cociña con oferta parcial de Procesos de calidade na industria alimentaria
  • Familia: Hostelería e Turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Superior
  • Horas: 2236
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Que ofrece esta formación?

  1. Especialización en Procesos de calidade na industria alimentaria: Adquire coñecementos avanzados sobre Biotecnoloxía e Innovación alimentaria aplicados a procesos de calidade na industria alimentaria, esenciais para xestionar grandes colectividades e servizos de catering.
  2. Prácticas remuneradas: Desde o primeiro ano, os alumnos realizarán prácticas remuneradas en empresas líderes do sector, permitíndoche adquirir experiencia real e valiosa.
  3. Duración de 2 anos: Este ciclo ten unha duración de tres anos, proporcionando unha formación completa e especializada.

A quen vai dirixido?

Este ciclo está dirixido a aquel estudiantado de cociña que desexan especializarse no sector das colectividades e o catering, sectores que requiren unha alta especialización e unha xestión da calidade.

Empresas colaboradoras

Culinaria

Somen Hostelería

Eurostars

Cales son os requisitos de acceso?

Para coñecer os requisitos de acceso e máis detalles sobre o programa, clica aquí.  Inscríbete agora e comeza a túa carreira profesional en Dirección de Cociña.

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, fundamentalmente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.

Que ocupacións se desempeña?

– Director/ora de alimentos e bebidas.
– Director/ora de cociña.
– Xefe/a de produción en cociña.
– Xefe/a de cociña.
– Segundo/a xefe/a de cociña.
– Xefe/a de operacións de cátering.
– Xefe/a de partida.
– Cociñeiro/a.
– Encargado de economato e adega.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0179Inglés1606
MP0496Control de aprovisionamento de materias primas532
MP0497Procesos de preelaboración e conservación en cociña2405
MP0499Procesos de elaboración culinaria2675
MP0501Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias802
MP0502Gastronomía e nutrición532
MP0506Formación e orientación laboral1075
MPI999Lingua estranxeira profesional II532
MP0498Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña2106
MP0500Xestión da produción en cociña2447
MP0503Xestión administrativa e comercial en restauración702
MP0504Recursos humanos e dirección de equipos en restauración533
MP0507Empresa e iniciativa emprendedora532
MP0463Biotecnoloxía alimentaria1074
MP0470Innovación alimentaria793
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Dirección de cociña con especialización en procesos de calidade na industria alimentaria.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.