Saltear al contenido principal

FP Dual Dirección de Servizos de Restauración especializado en Protocolo e Xestión de eventos

  • FP Dual Dirección de Servizos de Restauración especializado en Protocolo e Xestión de eventos
  • Familia: Hostelería e Turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Superior
  • Horas: 2228
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Este ciclo está dirixido a estudantes que desexan especializarse na Dirección de servizos de restauración preparándose para liderar en empresas de servicios  que requiren unha alta cualificación en Protocolo e xestión de eventos relacionados con sector a Hostalería e o Turismo.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.

A parte de especialización contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de atención á clientela e coñecementos do protocolo institucional e empresarial e para desempeñar as funcións de comercialización, planificación, organización, operación e pechamento dos eventos que poden ofrecer os establecementos de aloxamento turístico.

En que ámbitos se traballa?

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.

Este profesional, coa especialización en eventos pode exercer a súa actividade no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros, incluíndo tamén algúns tipos afíns, como as residencias sanitarias, hospitalarias e de estudantes, entre outras, independentemente da súa modalidade.

Empresas colaboradoras

Los 3 monos

Eventos Solla

Pepe Vieira Eventos

Que ocupacións se desempeña?

Director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna; «maître»; xefe/a de sala; encargado/a de bar-cafetaría; xefe/a de banquetes; xefe/a de operacións de cátering; «sommelier»; responsable de compra de bebidas; encargado/a de economato e adega. Coordinador/ora de eventos en establecemento turístico.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0179Inglés1606
MP0496Control do aprovisionamento de materias primas532
MP0501Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias802
MP0502Gastronomía e nutrición532
MP0509Procesos de servizo en bar-cafetería2405
MP0510Procesos de servizo en restaurante2675
MP0514Formación e orientación laboral1074
MP0172Protocolo e relacións públicas1053
MP0178Comercialización de eventos1234
MP0180Segunda lingua estranxeira1576
MP0503Xestión administrativa e comercial en restauración702
MP0504Recursos humanos e dirección de equipos en restauración532
MP0511Sommelier1574
MP0512Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración1404
MP0515Empresa e iniciativa emprendedora533
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Dirección de servizos de restauración con especialización en protocolo e xestión de eventos.

A que outros estudos se pode acceder?

  • A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
  • Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Dirección Cociña, Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos modalidade ordinaria e FP Dual, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística. Tamén tes acceso a cursar o Curso de Especialización “Master en Panadería e Bolaría Artesanal”.