FP DUAL Dirección Cociña con oferta parcial en Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración
A quen vai dirixido?
Este Ciclo Superior Dual en Dirección de Cociña con Oferta Parcial en Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración está dirixido a aqueles estudantes e profesionais que teñen unha paixón pola cociña e desexan ampliar as súas competencias adquirindo habilidades en planificación e xestión de eventos de sala. É ideal para aqueles que buscan unha formación completa que lles permita destacar no sector da hostalería, tanto en cociña como en servizos de restauración.
Cales son os requisitos de acceso?
Para coñecer os requisitos de acceso e máis detalles sobre o programa, clica aquí. Inscríbete agora e comeza a túa carreira profesional en Dirección de Cociña.
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.
Que ocupacións se desempeña?
Director/ora de alimentos e bebidas; director/ora de cociña; xefe/a de produción en cociña; xefe/a de cociña; segundo/a xefe/a de cociña; xefe/a de operacións de cátering; xefe/a de partida; cociñeiro/a; encargado de economato e adega. Director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna. Xefe/a de banquetes.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Dirección de cociña con acreditación de competencia en Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración.
A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.