Saltear al contenido principal

Dobre titulación en Axencias de viaxes con Guía, Información e asistencia turísticas con especialización en animación turística

  • FP Dual de Dobre titulación en Axencias de Viaxes con Guía, información e asistencia turísticas con especialización en Animación turística
  • Familia: Hostelería e Turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Superior
  • Horas: 3130
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Esta titulación está dirixida a aqueles estudantes de turismo que desexen desenvolverse como profesionais nos touroperadores máis importantes das provincias de Pontevedra e A Coruña. Estes touroperadores abarcan todo o territorio nacional e gran parte do territorio internacional, proporcionando unha formación completa e global.

Cales son os requisitos de acceso?

Para coñecer os requisitos de acceso, visita a seguinte ligazón.

Que se aprende a facer?

Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos turísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo accións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfacción da clientela.

Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.

 

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.

Tamén o que abrangue calquera tipo de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísticas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense capacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en relación co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de características similares (consorcios, padroados, etc.).

Empresas colaboradoras

CN Travel

Tee Travel

Yutravel

Interrias

Circuitos Galicia

Que ocupacións se desempeña?

Xefe/a de oficina de axencia de viaxes, xefe/a de departamento en axencia de viaxes, axente de viaxes, consultor/ora de viaxes, organizador/ora de eventos, vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas, promotor/ora comercial de viaxes e servizos turís-ticos, empregado/a do departamento de reservas (“booking”).

Guía local, guía acompañante, guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural, informador/ora turístico/a, xefe/a de oficinas de información, promotor/ora turístico/a, técnico/a de empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo, asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos), encargado/a de facturación en terminais de transporte, e asistente en feiras, congresos e convencións.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0171Estrutura do mercado turistico1335
MP0179Inglés1606
MP0383Destinos turísticos2137
MP0384Recursos turísticos1877
MP0401Formación e orientación laboral1075
MPI999Lingua estranxeira profesional II532
MP0172Protocolo e relacións públicas1053
MP0173Márketing turístico1604
MP0397Xestión de produtos turísticos1053
MP0398Venda de servicios turísticos1233
MP0399Dirección de entidades de intermediación turística872
MP0385Servicios de información turística702
MP0387Deseño de produtos turísticos1404
MP0180Segunda lingua estranxeira1576
MP0402Empresa e iniciativa emprendedora532
MP0386Procesos de guía e asistencia turística1053
MP1125Animación e xestión cultural2137
MP1126Animación turística1403
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de eventos e Guía, información e asistencia turísticas con especialización en Animación sociocultural e turística.