A FP exhibe o seu potencial innovador coa PonteVan no País Vasco
O Forum desenvolveuse entre os días 6 e 7 de marzo en xornada de mañá e tarde de xeito continuo. As accións que se tiña previsto realizar durante a viaxe eran:
- 6 e 7 de marzo: Forum Food-Truck, atención no stand PonteVan aos visitantes profesionais do forum, exposición do proxecto nunha poñencia específica de 30 minutos o día 7 de marzo.
Para atender o stand asignado a PonteVan no Forum creáronse catro equipos de alumnado con tres alumnos/as en cada equipo. Traballouse en dúas quendas cada xornada, a primeira de 10 a 14:30 horas e a segunda de 14:30 horas a 18:30 horas; o profesorado estivo as dúas xornadas completas no stand.
O formato que se decidiu para atender aos visitantes foi moi sinxelo, coa seguinte estrutura:
– Acollida do visitante individual ou en grupo, explicación breve do proxecto a cargo do alumno/a que estaba a pé de stand (outros dous estaban dentro do vehículo no proceso de elaboración).
– Invitación a unha pequena degustación de produtos galegos con DOP – IXP ou marcas de calidade, asesoramento a preguntas suscitadas tanto polo desenvolvemento do proxecto como por algún dos produtos degustados.
– O alumnado asumiu en todo momento as funcións de información aos visitantes, no momento que había algunha pregunta máis complexa ou o visitante demandaba contacto sobre o proxecto o alumnado derivaba estas cuestións no profesorado presente.
– Dentro da explicación a moitos dos visitantes, profesionais ou estudantes de hostalaría, convidábaselle a entrar dentro do vehículo para reforzar as explicacións sobre o proxecto.
O mércores 7 foi o día no que se presentou o proxecto PonteVan na sala de conferencias do Forum, unha exposición de 30 minutos á que asistiu tamén o grupo de alumnado.
- 8 de marzo: presentación do proxecto no Basque Culinary Center (Donostia) e no restaurante Martín Berasategui (Lasarte).
Basque Culinary Center
Cando se comezou coa organización da nosa participación no Forum entrouse casualmente en contacto co Basque Culinary Center, a través dun coñecido común, a ambas partes pareceulle de interese explicar o proxecto PonteVan neste centro educativo e comezamos coas tarefas de organización. Acordouse un programa de actividade que incluía a exposición do proxecto para o alumnado dos terceiros cursos de artes culinarias nas tres ramas (gastronomía, vangarda culinaria e emprendemento) e tamén para o profesorado.
Acordouse acudir ao BCC co vehículo e participar na actividade ao 50%: mostrar o vehículo ao alumnado, persoal e profesorado presente no Basque.
O vehículo PonteVan estivo no Basque Culinary Center entre as 10 e as 12:30 horas ofrecendo aos estudantes e profesorado deste centro o mesmo formato que no Forum: explicación
breve do proxecto, mostrar o vehículo e degustación testemuñal de produtos galegos de calidade;
Restaurante Martin Berasategui
Reedición da visita do curso pasado (ACF Donostia 2017) para o alumnado de dirección de cociña que daquela non tivo ocasión de afondar e coñecer a Martín Berasategui.
Chegamos ao restaurante sobre as 13 horas, instalouse o vehículo e o alumnado do noso centro que aínda non coñecía as instalacións do restaurante realizou unha visita por todos
os departamentos guiados polo responsable de prácticas do centro. O resto de alumnos quedou preparando o vehículo para expoñer o proxecto.
Pouco a pouco por quendas foi baixando a plantilla dos equipos de cociña e sala de Martin Berasategui, tamén os xefes de cociña e sala e por último Martín Berasategui e David de Jorge (Robin Food) que estiveron intercambiando impresións sobre o proxecto co alumnado do noso centro por espazo duns 30 minutos.
A todos os visitantes ofrecéuselle unha vez máis unha sinxela degustación dos produtos galegos de calidade que nos acompañaron durante toda a actividade en Euskadi.
Nova recollida na Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2018/03/10/fp-exhibe-potencial-innovador-pontevan-pais-vasco/0003_201803P10C2991.htm