
Mermelada de camelia, por Elena Español
Comezamos coas actividades integradas no proxecto que arrancou o curso pasado con tanto éxito “A nosa camelia tan fermosa como saborosa” .
Antes de rematar o seu período lectivo, o alumnado de 2º do CS de Guías tivo unha clase moi especial cunha invitada, Elena Español que se achegou ao centro co obxectivo de transmitirlle ao noso alumnado a súa experiencia e coñecementos sobre distintas elaboracións doces baseadas en pétalos de variados tipos de camelias. Esta químico leva varios anos investigando o uso da camelia para a elaboración de cremas e mermeladas que neste caso o alumnado tivo oportunidade de degustar.
Moitas gracias Elena por esta clase práctica tan interesante onde descubrimos o saborosa que resulta a nosa fermosa camelia.