Saltear al contenido principal

Traballando nunha identidade masculina igualitaria

O taller realizado por Manuel Ánge Gil Canabal discurriu en base a realización de actividades de participación co alumnado fiado coa descripción do proceso de socialización que moitos/as deles seguiron dende a súa infancia. Para elo, tratáronse diversos temas desde o punto de vista da masculinidade: Os conceptos de sexo-xénero, a socialización diferencial o longo da vida do alumnado (construción da masculinidade), a transmisión da masculinidade hexemónica a través desta socialición (a súa mochila), a relación con iguais (homes e mulleres), e reflexións sobre ser home, co fin de promover actitudes responsables sobre a masculinidade e identificar as actitudes machistas e sexistas que nos condicionan socialmente. #Aprenderfacendo. Grazas pola participación.
Ler máis

Visita formativa no Pazo de Cultura

O xoves 30 de xaneiro o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou as instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Posteriormente participaron dunha charla coloquio na que Pilar Portela. Directora Xerente do Pazo da Cultura, Anabel Gulías Concelleira de Promoción da Cidade, e Vanesa López, Directora responsable de Trisquelia, fixeron unha achega ao alumnado do módulo de Comercialización de Eventos sobre a xestión, planificación, organización e comunicación dos grandes eventos que teñen lugar en Pontevedra, tanto no que atinxe á necesaria colaboración entre institucións coma ao respecto das prestacións necesarias en base ás características dos diferentes eventos que se celebran, a súa comercialización, contribución económica ao sector turístico, plans de mellora, obxectivos e retos de cara ao futuro dun sector que ano tras ano contribúe a mellorar os resultados económicos na cidade e concellos limítrofes. #Aprendervisitando. Grazas pola colaboración.
Ler máis