Saltear al contenido principal

Mulleres emprendedoras

O pasado venres 7 de febreiro realizouse unha actividade nos talleres do noso centro educativo, que tivo como obxectivo poñer en valor o traballo das mulleres na hostalaría, especialmente daquelas tituladas nos centros públicos de formación profesional, e tamén de mulleres sen titulación pero moi emprendedoras e formadas en aprendizaxe non formal, baseado na experiencia acumulada ao longo da vida. Seis mulleres que traballan ou rexentan diversos negocios hosteleiros na cidade de Pontevedra, dirixiron ao alumnado do 2º curso de dirección de cociña e 2º curso de dirección de servizos na elaboración no taller de cociña e no servizo en sala, dun menú especial denominado “As mulleres emprendedoras na hostalaría” que puideron degustar arredor de 50 comensais externos ao centro. Moitísimas grazas a Carmen Canabal (Causa Street Food), Marta García Justo (Meigas fóra), Mariana López Pastoriza (Hotel Galicia Palace), Gloria Serrano Conejero (Cafetería Sonata e Catering 5 sentidos), Catarina Santalla (Hotel Eurostars Mar de Vigo) e Evangelina Lorenzo (Tábula Rasa) pola súa colaboración desinteresada co CIFP Carlos Oroza.
Ler máis

Benvida ao VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez

Os días 2 e 3 de marzo terá lugar o VII Campionato de Sumillería Suso Domínguez onde se fará un concurso de cata con moitos centros participantes e representantes de varios centros educativos de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, unha escola de Malta e outra de Finlandia como convidadas nesta edición, denominada "Sumillería en feminino" e adicada aos viños espumosos galegos e portugueses. Informaremos das novas nos sucesivos días. #Apostamos forte.
Ler máis

Escapada a «Marqués de Vizhoja» #Love Enoturismo

As experiencias enoturísticas como prinicpais motivacións á hora de visitar e viaxar destinos enoturísicos e poder coñecer a cultura do viño que alí podemos atopar a través das diferentes actividades como visitar bodegas, catas de vino, maridaxe e degustacións... Esta semana os grupos de 1º e 2º de Guía, Información e Asistencia Turísticas disfrutaron da Bodega Marqués de Vizhoja, así como do seu entorno, do seu Pazo, ademais de coñecer un pouquiño sobre os seus caldos, tan recoñecidos e apreciados. #Aprendervisitando nunha visita guiada interpretativa entre o viño e a arte. Grazas pola vosa colaboración.
Ler máis

Intercambio de experiencias entre centros educativos

O CIFP Someso e o CIFP Carlos Oroza acudimos ao IES Montecelo a unha xornada de coñecemento sobre a mellora de convivencia e plans de formación para formar ao profesorado de cómo conformar equipos de mediación escolar. Ditas aportacións axúdannos a reflexionar para conseguir unha mellora continua na calidade nas ensinanzas. Moi agradecidos polas vosas aportacións.
Ler máis

Intercambio de experiencias entre centros educativos

O CIFP Someso e o CIFP Carlos Oroza acudimos ao IES Montecelo a unha xornada de coñecemento sobre a mellora de convivencia e plans de formación para formar ao profesorado de cómo conformar equipos de mediación escolar. Ditas aportacións axúdannos a reflexionar para conseguir unha mellora continua na calidade nas ensinanzas. Moi agradecidos polas vosas aportacións.
Ler máis

Desconstruir a idea de «amor romántico»

As promotoras de igualdade Rita María Rey Souto e María del Mar Rodríguez Rodríguez realizaron unha dinámica na que o alumnado debía plasmar as súas ideas sobre o qué é positivo no amor e o qué non se debe permitir nas relacións de parella, empregándose o debate ao longo do desenvolvemento de toda a actividade. #Aprenderfacendo. Moitas grazas polas vosas colaboracións e aportacións.
Ler máis

Traballando nunha identidade masculina igualitaria

O taller realizado por Manuel Ánge Gil Canabal discurriu en base a realización de actividades de participación co alumnado fiado coa descripción do proceso de socialización que moitos/as deles seguiron dende a súa infancia. Para elo, tratáronse diversos temas desde o punto de vista da masculinidade: Os conceptos de sexo-xénero, a socialización diferencial o longo da vida do alumnado (construción da masculinidade), a transmisión da masculinidade hexemónica a través desta socialición (a súa mochila), a relación con iguais (homes e mulleres), e reflexións sobre ser home, co fin de promover actitudes responsables sobre a masculinidade e identificar as actitudes machistas e sexistas que nos condicionan socialmente. #Aprenderfacendo. Grazas pola participación.
Ler máis

Visita formativa no Pazo de Cultura

O xoves 30 de xaneiro o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou as instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Posteriormente participaron dunha charla coloquio na que Pilar Portela. Directora Xerente do Pazo da Cultura, Anabel Gulías Concelleira de Promoción da Cidade, e Vanesa López, Directora responsable de Trisquelia, fixeron unha achega ao alumnado do módulo de Comercialización de Eventos sobre a xestión, planificación, organización e comunicación dos grandes eventos que teñen lugar en Pontevedra, tanto no que atinxe á necesaria colaboración entre institucións coma ao respecto das prestacións necesarias en base ás características dos diferentes eventos que se celebran, a súa comercialización, contribución económica ao sector turístico, plans de mellora, obxectivos e retos de cara ao futuro dun sector que ano tras ano contribúe a mellorar os resultados económicos na cidade e concellos limítrofes. #Aprendervisitando. Grazas pola colaboración.
Ler máis